VÍDEO-POEMA “FÓRA DO TEMPO” (NON QUERO FLORES)

El vídeo que aquí os dejo ha sido grabado por Chisco Nenúfar Pérez durante el recital feminista organizado por la Concellería de Igualdade del Ayuntamiento de Vigo con motivo del Día Internacional de las Mujeres, acto que tuvo lugar en la Casa Galega da Cultura.

La lucha de las mujeres continuará mientras exista una sola mujer maltratada, discriminada, asesinada.

¡Ni una menos!

También os dejo el poema escrito para que lo podáis leer con más detenimiento los que queráis.

FÓRA DO TEMPO / (NON QUERO FLORES)

Vivo fóra do tempo e as celebracións baleiras

danzando arredor dun lume frío,

unha melodía arrepiante

ateigada de mutilacións xenitais,

de vendas que me deformaron os pés por centos de anos

porque era atractivo para os homes.

 

Preciso a páxina concreta da historia que nos deben.

Non quero flores.

 

Fóra do espazo, vivo.

Cando sendo nena me casaron por conveniencia,

e morrín cando me preguntaron: por qué choras?

cando tentaba parir ós meus 12 anos.

 

En calquera espello

podo ver a miña face maiada

porque a violencia doméstica está permitida no meu país,

e tamén aturo que o meu home

custodie os bens conxugais,

e que me ordene, me use, me mande…

 

Tamén vivo esa separación

entre ti e mais eu,

pero só cando queres ti,

non cando o quero eu.

Eu non decido.

 

Mais non quero flores,

non,

non as quero.

Quero a páxina da historia que nunca foi escrita,

que nunca foi pensada.

Aquela páxina invisible.

 

Non existe o sol, no país do sol,

cada vez que unha xuíza me pregunta

se pechei ben as pernas cando me violaron,

e son eu a xulgada e non o meu violador.

 

Fun científica, pedagoga, poeta, pintora, doutora, inventora…

pero non aparezo na historia,

esa historia sobre as mulleres que nunca existiu.

A historia dos días que seguen a roubarnos

cada vez que o noso salario é menor có dun home,

cada vez que nos negan un posto significado nunha empresa

a prol dun home.

 

Non. Eu non quero flores,

migallas para a autocompracencia.

Non quero palabras

que non chegan máis aló

do fume azul da punta dun cigarro

porque non chegaron a pronunciarse xamáis.

 

Non creo neses soños eternos de ledicia

que nos venden dende púlpitos sagrados ou laicos,

nesas conversas secretas endexamais mantidas.

 

Quero respladecer polo meu propio valor,

a miña propia vida,

sen que flúan bágoas

de agradecemento mal entendido.

 

Ter a parte que me corresponde

por xustiza, non por favor.

 

Quero reflectirme fóra dese tempo,

dese espazo escuro

no que sempre queren pecharnos,

e amosar a miña forza

a este mundo que é tan meu coma dos demais.

 

En igualdade.

Farta de flores nas tumbas,

farta das tumbas e flores serodias.

Historia que se nos debe e pola que loitamos.

Existimos agora, coma sempre existimos

por moito que os homes que escribiron con tanta ignorancia

quixeran aniquilarnos.

 

Recende a miña vida propia

e noto aromas de salvaxe liberdade,

de palabras que xorden dunha boca non torturada,

dun lume que levo ardendo no corazón.

 

Aquí estou.

Viva.

Eu son a flor.

E cando digo eu,

digo vós,

digo nós todas.

Somos un xardín vivo,

non precisamos outras flores,

especialmente as flores murchas da morte por omisión

ou asasinato.

Precisamos un espazo de xustiza e igualdade real.

 

© María Villar Portas

 

Vigo, 6 de marzo de 2017

 

MARÍA VILLAR-6-MARZO-2017.8 - copia-TRATADA

 

 

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s